Logo Logo
A Fundación Laxeiro presenta o "Catálogo Universal de Laxeiro"

O mércores 16 de decembro as 18 horas será presentado en rolda de prensa o Catalogo Universal de Laxeiro, na sala de conferencias, Centro Social  Caixanova. Policarpo Sanz, 24-26. Vigo. O acto asistirán Alberto Núñez Feijoo, Presidente da Xunta de Galicia, Presidente de Honra da Fundación Laxeiro, Xesús López Carreira, concelleiro de cultura, Presidente Delegado Fundación Laxeiro, Julio Fernández Gayoso, Presidente de Caixanova,  Carlos García - Suárez Otero, Director Xeral Fundación Laxeiro, Carlos del Pulgar, Director de Nova Galicia Edicións y Antón Pulido Novoa, Director da publicación.

As 19 horas terá lugar a inauguración da exposición "Laxeiro, catálogo universal", na Fudación Laxeiro. R/ Policarpo Sanz, nº 15, 3º.

A obra que se presenta é a culminación de dez anos de traballo na Fundación Laxeiro, e supón un fito na cultura galega ao tratarse da primeira vez que en Galicia se cataloga exhaustivamente a obra dun artista galego, neste caso, Laxeiro, dun dos máis relevantes creadores do século XX.

Editada por Nova Galicia Edicións, en galego, castelán e inglés, esta publicación consta de tres tomos, nos que se conseguíu unha combinación de goce para a vista e rigor para o estudo. Os dous primeiros tomos, de máis de 300 páxinas cada un, recollen unha selección dunhas 500 obras, seleccionadas por Antón Pulido e magníficamente reproducidas. Ademais, inclúe diversos textos sobre a figura e o traballo do pintor, asinados por X.A. Castro, Antonio Bonet, Luis M. Caruncho e Román Pereiro e unhas 25 pezas comentadas por especialistas na arte do século XX. O terceiro tomo inclúe a reproducción reducida de todo o corpus que forma a obra de Laxerio, 3.581 referencias, e un DVD no que se clasifica cada unha das obras, cunha completa ficha técnica que inclúe imaxe, título, data, técnica, medidas, inscricións, bibliografía pormenorizada e diferentes posibilidades de busca.

(mas información en la web de la Fundación Laxeiro)
Fundación Laxeiro
Rúa Policarpo Sanz 15, Vigo