Pintores de Galicia

www.pintoresgallegos.com

Actividades del dia de los museos, Museo de Lugo.
Logo Pintores de Galicia
Alojamiento WEB de Artistas de Galicia
Relación de actividades del Día de los Museos por parte del Museo Provincial del Lugo.
Más información. En las páginas del Museo de Lugo
O Vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao, a Directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro, e o Responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística, Antonio Reigosa, presentaron a programación prevista nos museos da REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO
Un programa moi amplo, para todos os públicos, con actividades tan variadas como viaxes e visitas guiadas os catro museos dependentes da Deputación de Lugo, obradoiros artísticos e literarios, representacións históricas, concerto de Paloma Suanzes e actuacións de Cándido Pazó, cine, música, teatro e moitos agasallos de libros, láminas e chapas.
Todos os museos abren o luns 18 de maio, en horario amplo, para conmemorar cos visitantes o Día Internacional dos Museos.

Actividad:
BOTELLA AO MAR: Un berro polo futuro da LINGUA GALEGA
Durante a semana que vai desde o día 12 ata o 18 de maio os catro museos da Rede da Deputación de Lugo terán a disposición do público, especialmente para o alumnado que os visite, unha botella na que recoller mensaxes de esperanza para o futuro da lingua galega.
O luns, 18 de maio (Día Internacional dos Museos), todas as mensaxes serán trasladadas ao Museo Provincial do Mar de San Cibrao para que os participantes no obradoiro "Botella ao mar" as liberen entre as ondas, que son ronsel de futuro e de esperanza.

Actividad: MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
Sábado, 16 de maio de 2009: Noite dos museos
Horario de apertura: De 10:30 a 14:00 h e de 16:30 a 00:00 horas
Visita guiada 10:30 h:
Visita guiada para os integrantes de "Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo"
De 11:00 a 13:00 h: A creatividade sen límites, obradoiro experimental de creación artística a cargo de Iván Prieto. Con inscrición previa. Limitado a 15 participantes entre os 8 e os 14 anos.

Castrexos e romanos
Membros da Asociación Cultural "Terra Copora" farán diferentes representacións de carácter histórico, tanto no interior como no exterior do edificio do Museo Provincial de Lugo.
19:00 h.: A comitiva repartirá información dos actos na praza da Soidade.
19:30 h.: Os figurantes castrexos e romanos estableceranse nos seus puntos representación, previamente delimitados, no interior e exterior do MPL.
21:00 h.: Un destacamento da Cohorte partirá do Museo para facer un percorrido polas rúas do centro da cidade. Os auxiliares invitarán aos viandantes a asistir aos actos previstos no Museo Provincial de Lugo pola noite.

Visita-concerto: Paloma Suanzes
Como en anos anteriores o Museo Provincial de Lugo súmase ao programa da Dirección dos Museos de Francia, denominado "A noite dos museos" e proponlle ao visitante asistir a:
22:00 h: Visita-concerto musical. Percorrido por distintas salas do museo guiados pola voz e a música de Paloma Suanzes.

Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas
Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas
"Un museo cheo de libros". Para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Ramón Piñeiro, o visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.

Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos
Horario de apertura: De 10:30 a 20:30 horas
Haberá agasallos para todos visitantes que se acheguen ao museo nesta data.

Narración oral
11:00 h: O espectáculo da palabra, por Cándido Pazó
12:30 h: O espectáculo da palabra, por Cándido Pazó
Rexistros abertos
20:00 h: Visita á exposición Rexistros abertos, comentada polo comisario da mostra Rafael Lens.
Ademais:
Sala de exposicións do Museo Provincial de Lugo
Rexistros abertos. Materias, contextos e narrativas na arte galega actual (do 3 de abril ao 31 de maio de 2009)

Sala de exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo)
Incisións
(do 4 ao 24 de maio de 2009)

MUSEO PROVINCIAL DO MAR
San Cibrao, Cervo (Lugo)
Sábado, 16 de maio de 2009
Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h
Viaxe: Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo
Visitamos o Museo Etnográfico de San Paio de Narla, o Museo Provincial de Lugo e o Pazo de Tor.
Autobús gratuíto. Inscricións no Museo Provincial do Mar
09:00 h: Saída de San Cibrao
De 10:30 a 11:30 h: Visita ao Museo Provincial de Lugo
De 12 a 13:00 h:Visita ao Museo Etnográfico de San Paio de Narla
De 14:30 a 16 h: Xantar en Monforte de Lemos por conta das persoas asistentes
De 16:00 a 18:00 h: Visita ao Pazo de Tor
De 18:00 a 19:00 h: Paseo por Monforte de Lemos
21:00 h: Chegada de regreso a San Cibrao
Ciclo de conferencias: Historia de Galiza
18:30 h: Conferencia de Anselmo López Carreira, co título "A Idade Media". Organiza a Asociación Cultural MariñaPatrimonio.

Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas
Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas
"Un museo cheo de libros". Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.
Visita guiada 16:00 h:
Visita guiada para os integrantes do grupo "Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo"

Narración oral
12:00 h: O espectáculo da palabra, por CándidoPazó

Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos
Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h.
Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.

Botella ao mar
De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas. Todas as mensaxes recollidas nos outros museos da Rede Museística serán botadas ao mar polos participantes neste obradoiro.

PAZO DE TOR
Tor, Monforte de Lemos (Lugo)
Sábado, 16 de maio de 2009: Noite dos museos

Visita guiada
16:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo "Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo"
Narración oral
18:00 h: O espectáculo da palabra, por Cándido Pazó
Prestrea da película: O labirinto ario
21:00 h: Preestrea da curtametraxe O labirinto ario, gravada no Pazo de Tor

Presentación do disco de Xoán Curiel: Nai
22:00 h: Presentación do primeiro álbum de Xoán Curiel, con influencia de ritmos étnicos do mundo (música tradicional galega, da África subsahariana, árabes e sons latinos). Ademais interpretará unha selección de cancións de cantantes brasileiros que cantan o mundo do cosmos e as estrelas, con motivo da celebración do Ano da Astronomía.

Mirando o ceo
22:30 h: Para descubrir as estrelas, actividade conmemorativa do Ano Internacional da Astronomía 2009, a cargo de Francisco García da Agrupación Astronómica Lucense. A realización desta actividade dependerá das condicións meteorolóxicas.


Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas
Visitas guiadas ás 11:00, 12:30, 16:30 e 18:00 h
Viaxe: Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo
Visítase o Museo Etnográfico de San Paio de Narla, o Museo Provincial de Lugo e Museo Provincial do Mar de San Cibrao. Autobús gratuíto.
Inscricións no Pazo de Tor.
09:00 h: Saída de Monforte de Lemos
De 10:30 a 11:30 h: Visita ao Museo Provincial de Lugo
De 12:00 a 13:00 h: Vista ao Museo Etnográfico de San Paio de Narla
De 14:30 a 16:00 h: Xantar en San Cibrao por conta dos asistentes
De 16:00 a 18:00 h: Visita ao Museo Provincial do Mar
De 18:00 a 19:00 h: Paseo por San Cibrao
21:00 h: Chegada a Monforte de Lemos

"Un museo cheo de libros". Para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Ramón Piñeiro, o/a visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.

Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos
Visitas guiadas ás 11:00, 12:30, 16:30 e 18:00 horas
Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.
Un pazo de cine
A partir das 11:00 h, mostra de imaxes de películas, actores e actrices que gravaron cine no Pazo de Tor.

MUSEO ETNOGRÁFICO DE SAN PAIO DE NARLA
Torre de Xiá, Friol (Lugo)
Sábado, 16 de maio de 2009
Horario de apertura: De 12:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h
Visita guiada 12:00 h:
Visita guiada para os integrantes do grupo "Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo"

Narración oral
12:00 h: O espectáculo da palabra, por Cándido Pazó

Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas
Horario de apertura: de 12:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h
"Un museo cheo de libros". Para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.
Visita guiada
12:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo "Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo"

Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos
Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h
Haberá agasallos para os visitantes que se acheguen ao museo nesta data.
Teatro escolar
A serpe da cova (un divertimento). Montaxe a cargo do grupo de teatro "Algo máis que pan e queixo", do CPI Dr. López Suárez, de Friol (Lugo)
1.ª función: luns, 18 de maio, ás 12:00 horas
2.ª función: martes, 19 de maio, ás 12:00 horas
3.ª función: mércores, 20 de maio, ás 12:00 horas