Acuarelas

José González Collado

Desde el 18 de Diciembre de 2006 hasta el 31 de Enero de 2007, se celebra en el Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol una exposición antológica de la obra de José González Collado.

Portada del catálogo de la exposición antológica. Collado, 2006
Portada del catálogo de la exposición antológica.

Los textos del catálogo fueron elaborados por Esperanza Piñeiro de San Miguel y por Andrés Gomez Blanco, autores además de varios libros que fueron ilustrados por José González Collado.
"A necesidade dun amplo recoñecemento fai máis que xustificada unha exposición Antolóxica. Numerosos foron os autores que encheron as parades do Centro Cultural Torrente Ballester, pero a visión da arte que desde a Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol, estaría incompleta se non incluísemos a un dos máis destacados representantes da nosa pintura. José González Collado é por si mesmo merecente dun dilatado espazo na Historia da Arte.
Este ferrolán, do cal debemos estar fachendosos, constitúe de por si un dos cumios da pintura actual. A sua traxectoria avala un proceso evolutivo cheo de inquedanzas, de preocupacións pola indagación na esencia da pintura que o levan a remexer nas entrañas das vangardas históricas. É patente a súa admiración por Marcel Duchamp e a tan celebrada "A Fonte" datada en 1917, un autor que rompeu desde o comezo calquera vencello a todo grupo artístico ou tendencia, chegando a fulminar a idea de obra de arte e do creador, sacralizados coas súas creacións rápidas. A vía para unha nova estética e novas inquedanzas intelectuais fora aberta a golpe de forza subversiva. Pero baixo os xestos escandalosos sempre latexa o sentido erótico e un sutil interese por aqueles feitos que escapan ao sentido común e á observación científica, o infraleve. Outra das súas grandes influencias foi Picasso. Desde que no 1907 pinta as "Las demoiselles d'Avignon", e comeza a súa época Cubista conformando con Georges Braque o que se denominaría a "revolución cubista".
Xunto a estas influencias destaca a presenza do home do que foi discípulo directo: Felipe Bello Piñeiro, do que aprendeu a amar a pintura e a buscar máis aló do immediato, a extraer a esenza das cousas.
Todo isto xunguido coa súa dilatada traxectoria xustifica algo que, de por si non necesita máis xustificación que o obxecto mesmo desta mostra antolóxica: a pintura de González Collado".
José M. Couce Fraguela
Concelleiro de Cultura