José Luis Martínez Pereira, textos críticos


José Luis Martínez Pereira: textos críticos

José Luis Martinez recolle, para fundamentar o seu universo criativo, unha variada temática que vai da figura á paisaxe e ao bodegón, sustentando a su obra nun sólido fundamento estructural, tendendo a realizar unha síntese xeometrizada e esencializante das formas, gostando dos amplos planos de cor, e recriando­se en estidados xogos de luz e de sombras, dentro dunha tendencia xera á criación de variadas atmósferas. Dentro sempre de seu coñecimento de oficio e a limpeza do seu fazer, a sua sensibilidade fondamente moldeada por unha arraigada vocación de melómano, leva-o a unha musicalización da obra, a un tratamento sinfónico de formas, planos e cores, en ritmos que harmonizan e entoan, globalizando-a, a composición.
O seu rico cromatismo amostra variadas gamas. Nas suas nuas paisaxes, transpiran as subtis entoacións, Suxeréncias e evocacións dos azuis e dos grises, con leves toques de branco, dentro desa concepción juamamoniana da desnudez, limpa a visión de todo o que non fora ensoñada, trascendida contemplación e deleite das trasnsicións imperceptiveis da luz, da atmósfera, do espazo... nun asomar-se ao infinito e o vazio, o todo e o nada, ao firmamento e o ar... Nos bodegóns, son as sinfonías de ocres as que parecen conter-se, repirar cara o interior, falar matizada, sóbria e elegantemente dun mundo plenamente arquitecturado e intimista, envolveito no aquel da própia névoa ou eséncia dos obxectos, das formas; sinfonía de ocres que se deixa acompañar de peculiares vermellos que densifican e poténcian a obra, ou de outras tonalidades esporádicas para enriquecer a su visión.
Xavier Seoane
(Xavier Seoane es crítico de arte)