Paco Ascón

Páginas dedicadas a la pintura de Paco Ascón

EspañolEn castelán
Paco Ascón
Paco Ascón Callejo.

Nace en Barcelona en 1945 e trasládase a Galicia aos 18 anos. A paisaxe galega influirá decisivamente na súa inquietude artística, e aproveita o seu tempo en plasmar a paisaxe, as vilas, as xentes, os costumes, debuxos, acuarelas, óleos, acrílicos, ceras, lapis, calquera medio e soporte é válido para plasmar as imaxes que impregnan a súa retina.

Realiza a súa primeira exposición colectiva en 1973 e individual ao ano seguinte. Desde esa data máis de cincuenta exposicións deron mostra da súa traxectoria artística: A Coruña, Ferrol, Barcelona, Almería, Mérida, Sarria, Betanzos, Ourense, Sevilla, Salamanca etc. e fóra de España, en París e Beziers (Francia), Os Ánxeles, Nova York e Miami (USA), Gante (Bélxica), Batalha (Portugal)...

En 1987 recibe o primeiro premio na Primeira Mostra Artes Plásticas 75 anos, certame de pintura que conmemora o 75 aniversario de Unión Fenosa. Participa en varias edicións das Balconadas de Betanzos, nos certames Laboral de Pintura, nas feiras de ARGA e en distintos certames nacionais e internacionais.

A súa obra encóntrase en coleccións institucionais e privadas: Xunta de Galicia, Caixa Postal, Caixa Galicia, concellos de Sarria, Betanzos, Oleiros, empresas como MZOV, Unión Fenosa etc.

A súa obra foi incluída en diversos catálogos de arte: Guía europea de belas artes "Euro2000", Catálogo nacional de arte "CANART", Guía de arte "ART 85", entre outros.
(Máis información na súa páxina de bibliografía)